Publicador de contidos

Publicador de contidos

O teléfono contra o suicidio empezará a funcionar en tres meses

O teléfono contra o suicidio empezará a funcionar en tres meses

O número é o 024 será gratuíto, confidencial, anónimo e operativo as 24 horas 

Ofrecerá atención profesional e apoio ás persoas ou familiares que o precisen

G24.gal 10/02/2022 22:05

O teléfono contra o suicidio empezará a funcionar en tres meses. Así o recolle hoxe o BOE. O número é o 024, e será gratuíto, confidencial, anónimo e operativo as 24 horas.

O 024 é un teléfono para axudar as persoas con risco de conduta suicida e ofrecerá atención profesional e apoio ás persoas ou familiares con este tipo de conduta.

A estas persoas facilitaráselles toda a información para que poidan acceder aos servizos sanitarios especializados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar