Cargando resultados...
O técnico do Breogán, Oriol Comas, positivo por COVID-19
O técnico do Breogán, Oriol Comas, positivo por COVID-19
De confirmarse o positivo, todo o cadro celeste será sometido a un cribado
![Foto @CBBreogan](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2022/20220125/ORIOLCOMASEMONCHO.jpg)
G24.gal
25/01/2022 11:11
O técnico do Breogán Oriol Comas acaba de dar positivo por COVID-19 nunha proba de antíxenos. O adestrador someteuse inmediatamente a unha PCR cuxo resultado se coñecerá de aquí a unhas horas.
De confirmarse o positivo, todo o cadro celeste será sometido a un cribado. Oriol Comas é o terceiro adestrador do equipo lugués. Exerceu de primeiro adestrador ante o Obradoiro polos positivos dos dous primeiros técnicos.