Publicador de contidos

Publicador de contidos

O sur da provincia de Ourense, de novo en aviso amarelo por chuvia e tormentas

O sur da provincia de Ourense, de novo en aviso amarelo por chuvia e tormentas

Doce días seguidos de choiva e tormentas deixan importantes danos nos cultivos na Limia e no Ribeiro

Os máis afectados na cidade son os comerciantes da rúa Celso Emlio Ferreiro, onde a auga levantou a calzada

Seguen avaliando os danos e coa rúa en obras din que perderon un 60 % da clientela

Ata as nove da noite Meteogalicia prevé que poidan caer ata 15 litros por metro cadrado nunha hora
G24.gal 08/06/2023 14:28

Desde as tres da tarde ata as nove desta noite Meteogalicia activa de novo o aviso amarelo por chuvia localmente formte acompañada de tormenta no sur da provincia de Ourense. Aquí xa van 12 días seguidos de chuvias torrenciais  e tormentas que deixaron importantes danos nos cultivos, pero tamén nesta céntrica rúa da cidade de Ourense, Celso Emilio Ferreiro, onde rebentou por completo a calzada.

Agora está en obras e os comerciantes seguen avaliando os danos nos seus locais, pero falan xa de importantes económicas de ata un 60% din por falta de clientes. 

Son os máis afectados polas tormentas que xa levan 12 días seguidos deixando choivas torrenciais na provincia de Ourense e cuantiosos danos materiais, pero tamén perdas económicas nestes negocios. 

Trombas de auga, raios, tronos e pedra que deixaron danos tamén nos cultivos, na Limia e no Ribeiro. O sur da provincia de Ourense volve estar en aviso amarelo pola chuvia que pode caer esta tarde, máis de 15 litros por metro cadrado nunha hora. 

A rúa Celso Emilio Ferreiro en Ourense está en obras e os comerciantes avalían as perdas económicas
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos