Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Supremo vota este xoves a macrodemanda de Adicae sobre as cláusulas chan

O Supremo vota este xoves a macrodemanda de Adicae sobre as cláusulas chan

Adicae pide que se recuperen as cantidades indebidamente cobradas desde a sinatura do contrato e non só desde que foron declaradas nulas

G24.gal 25/05/2022 21:36

O Tribunal Supremo celebra este xoves a votación e o fallo da macrodemanda presentada por Adicae contra 101 caixas e bancos polas cláusulas chan, para que se recuperen as cantidades indebidamente cobradas desde a sinatura do contrato e non só desde que foron declaradas nulas.

Desde Adicae lembran que en primeira instancia o xulgado mercantil nº 11 de Madrid lles deu a razón, decisión que foi ratificada pola Audiencia Provincial o pasado 19 de abril. Daquela decidiu que teñen que devolverse todas as cantidades cobradas en aplicación destes abusivos "chans hipotecarios", e non só as aplicadas desde 2013, que é o que fixou o Supremo.

O fallo da Audiencia de Madrid permitiu a unha afectada polas cláusulas chan declaradas nulas recuperar o abonado desde a sinatura da hipoteca, en 2007, a pesar de ter sentenza firme e ter recuperado a partir de maio de 2013.

A Audiencia de Madrid salientou que a limitación no tempo imposta polo Supremo equivale a privar os consumidores que asinaron unha hipoteca antes desa data "do dereito a obter a restitución íntegra das cantidades que abonaron indebidamente á entidade bancaria".

Segundo argumentan, isto só permite garantir "unha protección limitada" aos hipotecados antes desa data, polo que resulta "incompleta e insuficiente e non constitúe un medio axeitado e eficaz para que cese o uso de dita cláusula", prosegue a sentenza.

A xurisprudencia do Tribunal de Xustiza da Unión Europea marca que as cláusulas hipotecarias consideradas abusivas deben declararse nulas, co que o consumidor ten dereito a que se lle devolvan as cantidades percibidas indebidamente polo banco desde que a xustiza declara a nulidade, pero non antes.

Sobre iso deberá pronunciarse este xoves o Tribunal Supremo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade