Publicador de contidos

Publicador de contidos

O subcomité clínico estuda prolongar a vixencia dalgunhas restricións

O subcomité clínico estuda prolongar a vixencia dalgunhas restricións

Mantense unha ocupación dun medio cento de persoas nas UCI sen apenas flutuacións nas últimas catro semanas

G24.gal 12/01/2022 14:35

O subcomité clínico reúnese este mércores. Sobre a mesa, está a posiblidade de que manteñan as restricións que se puxeron no Nadal. 

Medidas coma o denominado "toque de non recollida", que prohibe a reunión de non conviventes entre as 3 e as 6 da mañá, ou a esixencia do certificado covid en todos os horarios da hostalería. 

Son medidas que decaerían o próximo 18 de xaneiro e algunhas precisan do visto e prace do TSXG, polo que os expertos que asesoran a Xunta deben decidir xa se solicitan a súa continuidade.

Os expertos analizan a cifra extraordinaria de contaxios (uns 110.000 galegos infectáronse no último mes). 

Pero a situación hospitalaria mantívose estable durante todo ese tempo. Mantense unha ocupación dun medio cento de persoas nas UCI sen apenas flutuacións nas últimas catro semanas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade