O sorteo do Neno deixa na provincia de Lugo preto de tres millóns de euros
Vendéronse 85 décimos do terceiro premio na vila de Rábade
Tamén en Lugo e Cervo houbo boletos gañadores
85 décimos do terceiro premio vendéronse neste establecemento de Rábade. 2.125.000 euros para o segundo concello máis pequeno de Galicia e con menos de 1.500 habitantes. Son 25.000 euros por décimo, unha cantidade pola que, ademais, non hai que pagar unha parte a Facenda.
Só quince días despois de caer o gordo de nadal na Fonsagrada, o sorteo do neno deixou na provincia de Lugo 2.725.000 euros. Ademais dos 85 décimos de Rábade, na capital luguesa vendéronse nesta administración outros quince dese terceiro premio. E tamén en Lugo cidade e en Cervo saíron por máquina tres décimos do segundo premio.
Incluso estaban hoxe felices quenes tiveron a sorte preto e non os alcanzou.
En nove anos, os premios grandes de lotería deixaron na provincia de Lugo 825 millóns de euros.