Publicador de contidos

Publicador de contidos

O sorteo da ONCE deixa un premio de 1,5 millóns de euros en Sada

O sorteo da ONCE deixa un premio de 1,5 millóns de euros en Sada

O boleto premiado vendeuno Alfonso, no quiosco da avenida da Mariña

Alfonso Vázquez leva 23 anos na ONCE
G24.gal 14/04/2026 14:19

Búscase millonario en Sada: o sorteo da ONCE do sábado, 11 de abril, deixou un premio dun millón e medio de euros na vila.

O boleto agraciado vendeuno Alfonso Vázquez, no quiosco da avenida da Mariña. Leva 23 anos na ONCE e ten clientela fiel en Sada. Como é tempada baixa de turistas, cre que foi a alguén da zona a quen lle selou, coa máquina, o boleto premiado. 

"Foi o 11.114, serie 025, se non me falla a memoria. E son 5.000 ao mes durante vinte anos, e 300.000 ao contado", explica. Di que nin sabe a quen lle tocaron, nin tampouco o diría de sabelo. E, de momento, non nota que subiran as vendas tras dar o premio. 

"O efecto chamada que me di todo o mundo, pode ser, que a xente veña para ver se lles dou a eles un premio, pero a día de hoxe, nada", comenta. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade