O sorteo da Liga de Campións foi benévolo cos equipos españois
Barcelona, Real Madrid e Atlético parten como favoritos nos seus grupos
O Sevilla e a Real Sociedade terán serias opcións de pasar aos oitavos
O sorteo da Liga de Campións foi benévolo cos equipos españois que afrontarán a fase de grupos con serias opcións de chegaren aos oitavos de final.
No grupo B o Sevilla terá como rivais ao Arsenal de Arteta, o PSV e o Lens. O favorito é o Arsenal pero o Sevilla terá moitas posibilidades diante do equipo do Países Baixos e o francés.
No C o Real Madrid enfrontarase ao campión italiano, o Nápoles, ao Spórting de Braga e ao Unión Berlín, que se estrea na máxima competición continental. Italianos e españois parten como favoritos.
A Real Sociedade, que volve á máxima competición continental quedou no grupo D, con Benfica, Inter e Salzburgo. Benfica e Inter gozan de todo o respecto pero a Real demostrou poder loitar con calquera destes equipos.
O Atlético está no grupo E con Feyenord, o Celtic e a Lazio, o rival máis forte xunto cos colchoeiros. Sinxelo semella o camiño do Barcelona no grupo H para superar a primeira fase. Medirase ao Porto, o Shakhtar ucraíno que xogará no exilio de Hamburgo, e o Amberes de Bélxica.