Publicador de contidos

Publicador de contidos

O sistema de permutas de leiras espállase por Galicia

O sistema de permutas de leiras espállase por Galicia

Comezou en Friol e xa se desenvolven proxectos en tres provincias

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural facilita o proceso

G24.gal 14/06/2023 20:23 Última actualización 14/06/2023 20:31

O que comezou sendo un pequeno acordo entre veciños de Friol vai camiño de converterse nun modelo de xestión en cada vez máis zonas rurais.

O sistema de permutas, un breve apartado da lei de reestruturación da terra agraria, espállase por toda Galicia.

O funcionamento é sinxelo: os propietarios deciden que terreos queren permutar e a administración axiliza o proceso legal.

Ademais de Outeiro de Rei, as permutas xa se deseñan en Guitiriz, Castro de Rei ou Guntín.

A boa vontade dos veciños é a clave para chegar a uns acordos que, nun prazo de menos de dous anos e sen custo para os interesados, permiten evitar os longos trámites dunha concentración parcelaria.

En Friol xa se mobilizaron máis de 2.000 hectáreas nun sistema de permutas que, sobre todo, permite agrupar os terreos preto das explotacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade