Publicador de contidos

Publicador de contidos

O servizo Xantar na Casa chegará a 2.000 persoas en 2022

O servizo Xantar na Casa chegará a 2.000 persoas en 2022

Pratos de cociña tradicional para os maiores que viven sós

A Xunta ofrece sensores na neveira e no forno para controlar a súa alimentación

G24.gal 10/01/2022 20:00


O servizo Xantar na Casa vai chegar ás 2.000 persoas durante este ano. Adiantouno o presidente da Xunta en Silleda, durante a visita á empresa Culinaria, que elabora estes menús.

Distribúeos entre 1.730 maiores que viven sós. Fan cociña tradicional, adaptada á saúde do destinatario, usando produtos de proximidade e de tempada.

Xunto co incremento do número de beneficiarios, Feijóo explicou que os repartidores tamén se encargarán de informar do estado das persoas ás que lles subministran os xantares da semana.

Mesmo lles ofrecen instalarlles sensores informáticos na neveira e no forno para controlar o seu xeito de alimentarse.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade