Publicador de contidos

Publicador de contidos

O servizo transfronteirizo de emerxencias médicas entre Galicia e Portugal non está activado

O servizo transfronteirizo de emerxencias médicas entre Galicia e Portugal non está activado

O acordo que lles permitiría ás ambulancias de ambos os lados cruzar a fronteira ratificouse no cume luso-española de novembro

O paciente podería recibir atención das urxencias máis próximas e decidir a onde quere ser trasladado sen mudar de vehículo asistencial

G24.gal 07/05/2023 10:43

Seis meses despois de que se anunciara o acordo, posteriormente ratificado en decembro do ano pasado, as ambulancias seguen sen cruzar a fronteira.

Dende Urxencias Sanitarias de Galicia, indican que se estableceu o marco normativo, tras asinaren o memorando de entendemento o Instituto de Emerxencias portugués e a Consellería de Sanidade, e que xa tiveron lugar as primeiras reunións de coordinación, pero confirman que o servizo aínda non funciona e tampouco dan un prazo sobre cando poderá poñerse en marcha.

Os alcaldes das vilas lusas fronteirizas, segundo recollen medios locais, aseguran non estar informados, pero reclaman axilidade. Lembremos que isto permitirá que os pacientes sexan atendidos, nun ou outro lado da raia, pola ambulancia máis próxima aos sucesos, sexa galega ou portuguesa.

Ademais, poderá decidir onde quere ser trasladado, sen necesidade de mudar de vehículo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar