Así é Customfit, o servizo de personalización de vehículos de Stellantis Vigo
Na planta viguesa agardan bater marca este ano acadando as 150.000 transformacións, na gran maioría de vehículos comerciais
Este servizo en auxe permite adaptar cada transporte ás necesidades de cada cliente
Este vehículo incorpora un sistema de almacenaxe adaptado ás necesidades do seu servizo e un sistema de portas especial. É un dos últimos transportes personalizados nesta parte da factoría viguesa onde chegan vehículos de empresas de mensaxería, enerxía ou loxística entre outros sectores para ser personalizados.
Máis do 50 por cento das furgonetas K9 que se fabrican en Vigo pasan polo servizo Customfit. Nos últimos cinco anos multiplicou a súa actividade por cinco e este ano agardan bater récord acadando os 150.000 vehículos.
O 90 por cento dos vehículos que se personalizan son comerciais, aínda que tamén transforman turismos. Os prezos móvense nunha marxa ampla, dependendo da petición dos clientes.
Vigo é un dos seis centros de Stellantis que realizan a customización de vehículos en Europa.