Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Sergas fíxase o reto de reducir as emisións de CO2 ata chegar a cero en 2040

O Sergas fíxase o reto de reducir as emisións de CO2 ata chegar a cero en 2040

O presidente da Xunta presentou a Estratexia de Economía Circular do Servizo Galego de Saúde 

G24.gal 06/09/2023 16:11

O Servizo Galego de Saúde proponse reducir as emisións de CO2, ata chegar a cero en 2040. Para conseguilo ponse en marcha un plan con varias medidas, entre elas reducir o papel ou apostar polos materiais máis sostibles. 

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, explicou a Estratexia de Economía Circular do Sergas para os próximos sete anos. O primeiro dos obxectivos está vinculado a "a concienciación do propio persoal do Sergas" para lograr mellores resultados ambientais.

Tamén resultarán cruciais, asegurou, "as prácticas responsables e sostibles desde o punto de vista ambiental" por parte dos usuarios e os pacientes.

O último eixe será "a construción sostible" das infraestruturas sanitarias, un ámbito no que Rueda afirmou que o sistema sanitario galego é o único de Europa que xa traballa.

Durante a presentación, abordáronse varias iniciativas que xa incorporan ou prevén incorporar os centros sanitarios galegos.

O reciclaxe da auga da choiva, o enfoque circular dos procesos ou as infraestruturas sostibles son algunhas das cuestións.

O Sergas incidirá na redefinición dos procesos, na reconstrución, na innovación e no investimento responsable, tamén cun forte compoñente de comportamento social.

A vicepresidenta segunda da Xunta e conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, asegurou que "Galicia cre na verdadeira economía circular, implicando atodos os actores neste necesario cambio de modelo".

A meta é lograr uns "servizos sanitarios neutros en carbono", para o que avogou por un "emprego racional dos recursos" e un "consumo sostible" dentro dun obxectivo global para 2040.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, enmarcou a iniciativa na procura dun "sistema sanitario integral" que afronte os "grandes desafíos no ámbito ambiental" que ten a comunidade.

Así, cifrou en 12 millóns os desprazamentos "aforrados" aos galegos en consultas non presenciais en atención primaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos