Publicador de contidos

Publicador de contidos

Este luns arranca a campaña de inmunización fronte ao virus respiratorio sincitial

Este luns arranca a campaña de inmunización fronte ao virus respiratorio sincitial

Os bebés nados nos hospitais durante a campaña poderán ser protexidos fronte ao virus que provoca a bronquiolite

Na campaña anterior foron inmunizados máis de 12.700 nenos e nenas, cunha cobertura superior ao 90%

G24.gal 21/09/2025 12:49

A Xunta, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública, dará comezo este luns 22 de setembro a unha nova campaña de inmunización fronte ao virus respiratorio sincitial co obxecto de previr as hospitalizacións dos lactantes por mor deste virus. 


Esta protección introduciuse en Galicia de modo pioneiro en 2023, e permitiu reducir as hospitalizacións en máis do 90% por esta infección nos nenos e nenas inmunizadas.

A campaña arranca coa administración nos hospitais para todos aqueles bebés que nazan ata a fin da campaña en marzo de 2026. 
O mesmo día iniciarase a citación de bebés prematuros menores de 12 meses e lactantes con alto risco de enfermidade grave por este virus que sexan menores de 24 meses.

Unha semana despois, a partir do luns 29 de setembro a Consellería de Sanidade convocará tamén de forma activa os menores de seis meses que naceron fóra da campaña, entre o 1 de abril e o 21 de setembro de 2025, segundo explicou a xefa do Servizo de Prevención e Control de Enfermidades da Consellería de Sanidade, Susana Carballal.

A inmunización fronte ao virus que causa a bronquiolite foi administrada a 12.719 nenas e nenos na última temporada. Isto representa o 100% de bebés con factores de risco, o 91,74% no caso dos recaptados en 2024 e o 98,27% dos bebés nados durante a campaña anterior.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade