Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen catro veciñas de Lugo polo roubo de centos de metros de cable de cobre

Deteñen catro veciñas de Lugo polo roubo de centos de metros de cable de cobre

A Garda Civil vixiounas durante varios días e pillounas na allada: graváronas sacando o cable do recinto, arrastrándoo pola maleza

Entraron no aeródromo de Rozas, que pertence a Defensa, tras romper o valado perimetral

G24.gal 29/10/2025 12:51

A Garda Civil de Lugo investiga catro veciñas da cidade polo roubo de cable de cobre. Entraron no aeródromo de Rozas, que pertence a Defensa, tras romper o valado perimetral e levaron centos de metros de cable.

A Garda Civil vixiounas durante varios días e pilláronas na allada. Graváronas sacando o cable do recinto, arrastrándoo pola maleza. As detidas forman parte dunha organización especializada neste tipo de furtos e non era a primeira vez que roubaban cable de cobre.

Impútaselles o delito de furto, danos e pertenza a un grupo criminal. As dilixencias policiais xa foron remitidas á Autoridade Xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade