Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Sergas aprobou o protocolo de actuación fronte ao acoso sexual e a discriminación por razón de sexo

O Sergas aprobou o protocolo de actuación fronte ao acoso sexual e a discriminación por razón de sexo

Para iso estableceuse un procedemento centralizado para a xestión das queixas ou denuncias que puideran producirse

A medida está incluída no primeiro Plan de igualdade entre homes e mulleres do Servizo Galego de Saúde

Este protocolo comezará a funcionar dentro dunhas semanas

G24.gal 01/03/2025 14:46

O Servizo Galego de Saúde aprobou o protocolo de actuación fronte ao acoso sexual e a discriminación por razón de sexo. Para iso estableceuse un procedemento centralizado para a xestión das queixas ou denuncias que puideran producirse dentro do Sergas.

A medida, incluída no I Plan de igualdade entre homes e mulleres do Servizo Galego de Saúde, ten como obxectivo erradicar o acoso sexual e a discriminación por razón de sexo no conxunto dos centros sanitarios de Galicia e acadar un ambiente laboral seguro.

"Nas canles para comunicalos casos haberá un rexistro oficial, no que a persoa afectada pode presentar a súa comunicación, a persoa afectada pero tamén as persoas que sexan testemuñas poden facer a denuncia, que pode ser anónima, tamén os representantes dos traballadores poderán presentalas así como os directores das áreas sanitarias", dixo María Dolores Lago Taboada, xefa do servizo central de prevención de riscos laborais do Servizo Galego de Saúde.

Toda esta información chegará á dirección xeral de recursos humanos do Sergas. 

"A partir de aí a dirección xeral pode tomar medidas cautelares para que evitar que se siga producindo, mentres se fai a investigación e a partir de aí emítese unha resolución", engadiu.

O protocolo aprobado busca ser máis rápido, máis áxil e eficaz ante esas posibles condutas, reducindo ao máximo os prazos de resolución e de investigación.

"Vai haber unha comisión instrutora formada por tres persoas que teñen coñecemento específico en temas de violencia e acoso sexual as que fagan a investigación total, o que si en cada área sanitaria vai haber un asesor ou asesora confidencial que guíe as vítimas e lles dea o apoio que precisen", destacou.

Este protocolo está previsto que comece a funcionar dentro dunhas semanas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade