Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Sergas contará con 676 prazas para formar residentes en medicina e enfermería

O Sergas contará con 676 prazas para formar residentes en medicina e enfermería

O Consello da Xunta tamén aprobou a OPE do Sergas para 2025: 3.460 prazas, 2.000 máis das previstas inicialmente

G24.gal 09/06/2025 13:34 Última actualización 09/06/2025 14:48

O Consello da Xunta aprobou este luns hoxe a oferta de emprego na sanidade para o exercicio 2025-26, que inclúe 676 prazas para a formación de médicos ou enfermeiros residentes (MIR e EIR).

Segundo dixo o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, é "a maior oferta de formación sanitaria especializada da historia de Galicia".

Son 19 prazas máis que o ano pasado e 331 máis que hai unha década.

Amais Galicia vai ampliar a oferta pública de emprego de 2025 do Sergas ata as 3.460 prazas, 2.000 máis das previstas inicialmente.

Para poder facelo vaise aplicar de forma excepcional a taxa de reposición específica que contempla a lei para favorecer a estabilidade e reducir a temporalidade.

Destacou Rueda que entre as categorías profesionais nas que se ofertarán máis prazas están enfermería, pediatría, psicólogos clínicos ou médicos de urxencias.

Más concretamente, para a categoría de persoal diplomado sanitario serán 1.340 vacantes, ás que se sumarán outras 1.124 de persoal diplomado en FP, 271 para licenciados sanitarios e 725 para persoal de xestión e servizos. 

Esta proposta da Xunta acaba de ser reenviada aos sindicatos antes da súa aprobación definitiva.

Autovía da Costa da Morte

O Consello tamén aprobou avanzar na construción da Autovía da Costa da Morte co proxecto para a facer 5,5 novos quilómetros que prolongarán á xa construída desde A Coruña ata o lugar de Santa Irene, en Vimianzo. O investimento previsto é de 36,4 millóns de euros.

Formación profesional

Outro dos acordos adoptados polo Consello da Xunta este luns son as novidades que incluirá no novo decreto de FP: crearánse títulos de FP internacionais, recoñeceranse os créditos dos ciclos na universidade e da universidade na FP e crearase a figura de profesor asociado. Ábrese tamén a porta á contratación puntual de expertos para dar unha formación práctica intensiva.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade