Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Sergas administou máis de 300 antivirais contra a covid dende marzo

O Sergas administou máis de 300 antivirais contra a covid dende marzo

Pacientes de risco recibiron tratamentos preventivos e de control da infección

G24.gal 22/05/2022 11:05

O Servizo Galego de Saúde dispensou desde finais do mes de marzo un total de 318 tratamentos de antivirais contra a covid-19. Son fármacos que evitan o empeoramento de doentes de risco ao inicio da infección ou que axudan a previla.

As áreas sanitarias da Coruña e de Vigo foron as que máis tratamentos subministraron sempre baixo prescrición médica.

As inxeccións de Evusheld puxéronllas de xeito preventivo a persoas inmunodeprimidas, e os comprimidos de Paxlovid receitáronllos a pacientes infectados leves que poderían ter unha evolución grave da enfermidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade