Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Sergas actualiza os puntos de vacinación en Galicia

O Sergas actualiza os puntos de vacinación en Galicia

G24.gal 28/04/2022 19:28

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) actualizou este xoves os puntos para a vacinación contra a covid-19, onde poderán acudir desde o luns 2 de maio aqueles que aínda non recibiron as doses tanto con entrada libre como con autocita.

 

Na área da Coruña, a vacinación será no Hospital Marítimo de Oza; en Cee, no Hospital Virxe da Xunqueira, e en Ferrol, no Hospital Arquitecto Marcide.

En Santiago de Compostela, a vacinación será no Hospital Clínico Universitario, mentres que en Ribeira elixiuse o Hospital da Barbanza.

En Lugo fornecerase a vacina no Hospital Lucus Augusti; en Burela, no Hospital Público da Mariña e en Monforte de Lemos, no hospital local.

Na provincia de Ourense vacinarase no Complexo Hospitalario de Ourense, no Hospital de Verín e no Hospital Comarcal de Valdeorras.

Por último, en Pontevedra vacinarase no Hospital Montecelo; en Vilargacía de Arousa, no Hospital  do Salnés e en Vigo, no Hospital Álvaro Cunqueiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade