Cargando resultados...
O seleccionador español de wáter-polo elixe Verín como lugar de acougo
Hai dez días estaba celebrando en Singapur a medalla de ouro no Mundial
G24.gal
05/08/2025 18:15
Agora saca unha foto aos pés do castelo de Monterrei e hai dez días estaba en Singapur celebrando a medalla de ouro de España no Mundial de wáter-polo. David Martín, o seleccionador, elixe Verín para as súas vacacións. A muller do seleccionador é de Verín, unha conexión que se repite no seu corpo técnico.
A selección acaba de proclamarse campioa do mundo superando nunha intensa final a Hungría. Camiñando estes días por Verín David Martín medita sobre a gran conta pendente deste equipo. Pero o seguinte obxectivo é o Europeo, e quizais despois David Martín volva a Verín polo Entroido.