Melania Rodríguez, bronce e récord mundial na China
A ximnasta de Ponteareas acaba terceira na final de dobre minitramp nos Xogos Mundiais ao sumar 26.900 puntos nun salto
Melania Rodríguez chegou aos Xogos Mundiais cun obxectivo por riba de gañar unha medalla, lograr o récord do mundo e conseguiuno aínda que non co salto co que o tiña planeado
"O meu obxectivo era facer o récord do mundo. Fallei o primeiro salto. Pero saíu ben".
Este éxito chegou nun ano duro para a ximnasta de Ponteareas despois de perder ao seu adestrador Pablo Hinojar en outubro a causa dun infarto
"Era máis que un pai. Grazas a Pablo é como son agora como ximnasta e persoa".
A temporada non rematou para Melania, xa que aínda ten o Campionato do Mundo, onde buscará superar a súa propia marca. Esta cita será en novembro con Melania Rodríguez só pensando en volver a superarse a si mesma