Publicador de contidos

Publicador de contidos

Melania Rodríguez, campioa do mundo de dobre mini trampolín

Melania Rodríguez, campioa do mundo de dobre mini trampolín

A ximnasta de Ponteareas levou o ouro despois de realizar o salto de maior dificultade do concurso

G24.gal 09/11/2025 11:36

A ximnasta de Ponteareas Melania Rodríguez proclamouse campioa do mundo de dobre mini trampolín logo dun espectacular salto de grande dificultade que executou á perfección. A galega, aos seus 24 anos, revalidou en Pamplona o título acadado hai dous anos na localidade inglesa de Birmingham. 

Melania Rodríguez dominou a final de principio a fin. Primeiro executou un salto valorado en 27,6 puntos que a situou no primeiro posto. Na fase definitiva executou o salto de meirande dificultade (8,1 puntos) e foise ata os 26,7, igual que a rusa Galina Begin pero cunha dificultade superior. O podio completouno a británica Kirsty Way con 26.1 puntos. 

É o segundo metal para Melania na cita de Pamplona despois do bronce acadado o venres na modalidade por equipos, en boa parte grazas ao seu gran concurso liderando o cadro español a carón de Marta López e Loreto Tuñón. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade