Publicador de contidos

Publicador de contidos

Zakaria, sobre a chegada doutro dianteiro: "Confío nas miñas condicións"

Zakaria, sobre a chegada doutro dianteiro: "Confío nas miñas condicións"

O exfutbolista do Telstar Velsen brillou na estrea ligueira con gol e asistencia ante o Granada nos Cármenes

G24.gal 21/08/2025 13:49 Última actualización 21/08/2025 14:44

Ao dianteiro neerlandés Zakaria Eddahchouri non lle preocupa que a dirección deportiva do R. C. Deportivo siga buscando un nove para completar o persoal, xa que el confía nas súas condicións para ser a primeira opción para o técnico Antonio Hidalgo.

“Cando asinei dixen que son un xogador que pode facer boas cousas para o club. Creo nas miñas condicións e no que podo facer, quen veña non será un problema. Se vén un xogador para mellorar ao equipo, benvido sexa”, manifestou en rolda de prensa.

O exfutbolista do Telstar Velsen, unha das sensacións da pretemporada do conxunto branquiazul, brillou na estrea ligueira con gol e asistencia ante o Granada nos Cármenes.

“As sensacións neste inicio de tempada son boas, non só para min, tamén cos meus compañeiros. Empezamos a liga sumando tres puntos e iso é o máis importante”, dixo o dianteiro, que non se marca ningún obxectivo a nivel individual.

“Non é importante mirar a un número de goles e si pensar en ir partido a partido”.

Zakaria Eddahchouri ten claro que conseguir os obxectivos que se marcou o equipo pasarán por facerse fortes en Riazor, por iso pediu aos afeccionados que estean co equipo "para ser moito máis fortes".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade