Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nove galegos no Barco Dragón español que logrou dous bronces nos Xogos Mundiais

Nove galegos no Barco Dragón español que logrou dous bronces nos Xogos Mundiais

Dos nove padexeiros galegos, sete pertencentes ao club Rías Baixas de Boiro

G24.gal 21/08/2025 13:09 Última actualización 21/08/2025 13:14

Estrea oficial e dous bronces. A colleita do Barco Dragón español, debutante nos Xogos Mundiais da China, loce como o ouro. Dous bronces forxados pada a pada na distancia de dous mil metros por doce deportistas, dos que nove eran galegos. España só quedou por detrás das grandes potencias orientais.

Tan orgulloso volveu o grupo de padexeiros galegos, sete deles pertencentes ao club Rías Baixas de Boiro, como inconformista. O seguinte obxectivo: pelexar por todo o ano que vén no mundial do Canadá.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos