Publicador de contidos

Publicador de contidos

O sector turístico encara en Galicia a temporada baixa con optimismo

O sector turístico encara en Galicia a temporada baixa con optimismo

A ocupación hostaleira rolda o 90 por cento nesta ponte

G24.gal 30/10/2021 21:25

O sector turístico galego encara a temporada baixa con optimismo debido ao número de reservas contratadas para esta ponte de Todos os Santos. Cesáreo Pardal, presidente do Clúster de Turismo asegura que Galicia está de moda.

"Movémonos entre o 85 e o 95 por cento, aínda que hai concellos ao cen por cento".

Atopar un cuarto en Santiago non é tarefa doada. Moitos establecementos colgan xa o cartel de completo

Tampouco parecen ter queixa os balnearios que están abertos. Neste establecemento do Carballiño a ocupación supera o 85 por cento.  

A maioría dos que elixen Galicia como destino proceden doutras comunidades e fano sen importarlles as previsións de mal tempo.

Estamos de ponte, e viñamos buscando chuvia, o contrario que nas Canarias e a verdade é que é o mellor sitio onde podes estar porque comes, bebes, gozas, hai cultura, un pouco de todo"
"Por que Santiago? Porque nos apaixona e nos gusta o Camiño"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade