Publicador de contidos

Publicador de contidos

O sector pesqueiro ve perigar a viabilidade das empresas pola suba dos custos

O sector pesqueiro ve perigar a viabilidade das empresas pola suba dos custos

A industria do Mar e a patronal galega piden medidas para paliar a situación

Volven reivindicar un IVE superreducido para os produtos da pesca

G24.gal 19/01/2022 14:55

A industria do mar advirte de que o incremento dos prezos da enerxía, sumado á escaseza de subministracións e á suba da inflación crean unha tormenta perfecta que complica o seu futuro, unha análise que comparte a patronal galega.

Juan Manuel Vieites cre que "as alzas previsiblemente van seguir a medio prazo. As administracións teñen que poñer medidas para paliar esta situación".

O impacto dos prezos da electricidade é especialmente evidente en actividades relacionadas coa acuicultura. 

"Vemos subas de ata un 215 % da enerxía, e aquí requirimos de bombeos continuos, equipos de frío", di o presidente de Asociación de Comercializadores de Moluscos. 

"Non se pode extrapolar esta barbaridade de subas. Isto podémolo aguantar agora, pero un ano máis... serán moitas empresas as que queden no camiño", asegura a presidenta da DOP Mexillón de Galicia.

E os armadores poñen o foco na suba do gasóleo mariño, ata un 140 % máis caro ca en 2020, e critican a suba dos custos laborais. 

"Vai reducir as expectativas de crecemento económico, temos medo pola subsistencia das nosas empresas", advirte Javier Touza.

O sector segue reivindicando un IVE superreducido para os produtos da pesca e pide que non se eliminen as bonificacións fiscais ao gasóleo. Demandas que queren levar ao ministerio de Luis Planas e á vicepresidencia de Transición Ecolóxica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade