Publicador de contidos

Publicador de contidos

O sector pesqueiro reacciona tras confirmarse a intención de Bruxelas de ampliar as restricións á frota de arrastre

O sector pesqueiro reacciona tras confirmarse a intención de Bruxelas de ampliar as restricións á frota de arrastre

O borrador do plan de acción da comisión europea amplía o veto para a pesca de fondo

O sector advirte das consecuencias económicas con trece mil barcos en España e máis de corenta mil traballadores

G24.gal 27/01/2023 14:34

Confírmase o temido pola industria pesqueira. O borrador do plan de acción da comisión europea amplía o veto para a pesca de fondo, en concreto para o arrastre golpeado xa coas 87 áreas pechadas desde o mes de outubro. 

A prohibición comezará este ano e aplicárase de forma gradual en todas as áreas protexidas das augas comunitarias. O obxectivo de Bruxelas é que no 2030 estén pechadas o 30 por cento destas zonas.

O sector advirte das consecuencias económicas con trece mil barcos en España e máis de corenta mil traballadores. Engaden que a medida abre a porta a produtos doutros países.

Para coñecer as novas áreas vetadas haberá que esperar ao próximo 21 de febreiro cando se presente o plan de acción co que Bruxelas pretende protexer os ecosistemas mariños. O sector xa lle manifestou ao comisario de pesca o seu rexeitamento a norma que consideran desproporcionada e sen base científica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade