O sector pide ser recibido por Sánchez para explicarlle a necesidade de rebaixar o IVE do peixe
O sector pide ser recibido por Sánchez para explicarlle a necesidade de rebaixar o IVE do peixe
O consumo de peixe caeu case nun 15 por cento o último ano
O sector mar industria galego solicita a rebaixa do IVE para os produtos pesqueiros. O último paso que deron para convencer o Goberno foi enviarlle unha petición de entrevista co presidente Pedro Sánchez. Cren que hai que explicarlle en detalle a importancia de consumir peixe para a saúde, e para a economía.
O consumo de peixe caeu case nun 15 por cento o último ano. Reverter a situación é un dos obxectivos que persegue o sector coa reclamación da baixada do IVE do 10 ao 4 por cento.
O silencio é polo momento a resposta do Goberno central ante a industria pesqueira. Por iso tras a carta enviada hai un clamor do sector e lamenta que se desaproveite a oportunidade de incentivar o consumo dun alimento de tan alta calidade nutricional e sostible.
O Goberno galego comparte esta idea e pide tamén a rebaixa do IVE para o sector da carne. Ao mesmo tempo, dende os sectores lembran que peixe e carne son alimentos de primeira necesidade.