O sector pesqueiro busca remuda xeracional nos centros de secundaria
2.200 estudantes participan nas novas accións dos GALP que achegan o sector pesqueiro aos centros de ensinanza
A través de cursos formativos búscase que os mozos se interesen por un sector que pode ser toda unha oportunidade laboral
51 centros de secundaria galegos están inscritos no programa Relevo 2 Mocidade Abordo organizado por seis grupos de Accións Local do Sector Pesqueiro. Desenvolven clases formativas para que os escolares coñezan as oportunidades do sector pesqueiro.
O programa divídese en tres principais bloques: pesca e acuicultura, transformación e comercialización e turismo e deportes náuticos. Unha inmersión nun sector que quere ser atractivo para as xeracións que deciden o seu futuro profesional. O programa ofrécelles aos estudantes a posibilidade de embarcar e vivir a experiencia en primeira persoa.
O sector da pesca é un mundo que preocupa en Galicia pola falta de remuda xeracional. Unha realidade moi próxima que quere con esta iniciativa converterse nunha oportunidade laboral.