Publicador de contidos

Publicador de contidos

Paro da frota galega para reclamar medidas urxentes ante a suba do combustible

Paro da frota galega para reclamar medidas urxentes ante a suba do combustible

Tres empresas conserveiras xa paralizaron a súa actividade

G24.gal 21/03/2022 14:44

Paro practicamente total na frota pesqueira de Galicia. Un amarre que se fai extensivo ao resto dos portos de España.

A situación, di o sector, é insostible. O combustible para unha embarcación de pesca viña supoñer entre un  20 e un 30 % dos custos. Pero o gasóleo pasou dos 56 céntimos en xaneiro a 1,10 a pasada semana.

O sector reclama do Goberno medidas urxentes. Entre elas, axudas específicas dentro do fondo europeo de pesca, rebaixas nas taxas portuarias e tamén dos pagos á Seguridade Social. Unha situación que se estende a toda a cadea mar-industria. Xa hai tres empresas do sector da conserva en Galicia que pecharon a súa actividade. Unhas demandas que o sector analiza tamén coa Xunta de Galicia.

O goberno galego xa puxo en marcha unha bonificación das taxas portuarias. O ministro de Agricultura e Pesca ten previsto reunirse o mércores cos representantes do sector pesqueiro. Dos resultados depende que o paro poida ser xa indefinido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade