Publicador de contidos
Publicador de contidos

O sector do metal pontevedrés convoca tres días de folga por un convenio digno

O sector do metal pontevedrés convoca tres días de folga por un convenio digno

Os sindicatos lamentan o “inmobilismo” do empresariado e a súa “incapacidade” de chegar a calquera tipo de pacto

G24.gal 05/06/2023 17:17 Última actualización 05/06/2023 18:16

Os traballadores do metal da provincia de Pontevedra foron chamados a secundar tres xornadas de folga os días 15, 20 e 22 de xuño.

Os sindicatos CIG, CCOO e UXT denuncian que “non hai ningún avance” que permita albiscar a posibilidade de chegar a un acordo sobre o convenio antes do verán.

A patronal insiste nun incremento salarial para os tres anos de duración do convenio que supoña unha suba do 0,5 % o primeiro ano, o 2,5 % o segundo e outro 2,5 % no último. Algo que os sindicatos consideran “ridículo”.

“Apostamos por adaptar o convenio aos novos tempos, seguindo a liña que se marcou na Coruña, Ourense e Lugo”, dixo nun comunicado o secretario comarcal de CIG-Industria de Vigo, Xulio Fernández.

Nas organizacións sindicais cualifican as propostas da patronal de "insultantes" e apertan para que se acade un acordo antes do verán que atalle unha situación "moi dura, tras varios anos co IPC disparado".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade