Publicador de contidos

Publicador de contidos

O sector do mar pide ser esencial ou o cambio de data da folga do transporte

O sector do mar pide ser esencial ou o cambio de data da folga do transporte

O Nadal achega o 20% da facturación de produtos de mar de todo o ano 

G24.gal 15/12/2021 20:33

Afirman compartir os motivos dos paros porque a alza dos combustibles tamén repercute no seu traballo pero calculan que poderían perder o 20% da facturación de todo o ano, que é o que se vende no Nadal. Piden, por iso, que o transporte de produtos do mar sexa unha excepción.

A incerteza fronte á previsión de folga da semana que vén xa está a repercutir, din, nos prezos. 

Representantes da Asociación Galega de Depuradores e Comercializadores de Mariscos, o Clúster da Acuicultura e a Federación de Confrarías de Pontevedra trasladaron a súa preocupación polas previsibles perdas da folga perante as principais patronais do transporte da provincia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade