Publicador de contidos

Publicador de contidos

O sector cárnico pide o cesamento de Garzón polas súas declaracións sobre as macrogranxas

O sector cárnico pide o cesamento de Garzón polas súas declaracións sobre as macrogranxas

As organizacións agrarias critican que volva poñer o foco sobre un sector en crise

G24.gal 05/01/2022 15:02

O sector gandeiro critica o ministro de Consumo polas súas declaracións sobre a calidade da carne que exporta España. Garzón dixo que a carne producida en macrogranxas se vende normalmente no exterior, que é de "peor calidade" e un maltrato para os animais. Os gandeiros din que iso está moi lonxe do modelo real de produción cárnica no país.

A granxa de Chus en Trazo é un exemplo da produción cárnica de calidade que abandeira Galicia. É o modelo que defendeu o ministro de Consumo no 'Guardian', comparándoo coa produción superintensiva en macrogranxas. 

Desafortunadas sobre todo, din, porque afirmou o ministro que os das macrogranxas son animais maltratados. As organizacións agrarias critican que volva poñer o foco sobre un sector en crise, e piden o cesamento do ministro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade