Cargando resultados...
Formoso pídelle ao PPdeG que negocie a saída de Jácome da alcaldía de Ourense
O secretario xeral do PSdeG di que o empuxón a unha sindicalista non é propio dun representante institucional
G24.gal
06/05/2022 14:34
Última actualización 06/05/2022 14:47
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, pídelle ao Partido Popular que negocie cos socialistas a saída de Gonzalo Pérez Jácome da alcaldía de Ourense.
Formoso di que o empuxón de Jácome a unha sindicalista non é propio dun representante institucional.
"Unha actitude permanente en toda a lexislatura que deixa en malas circunstancias a cidade, que leva tres anos paralizada, estendendo unha imaxe no resto do país que non é para nada acorde coa imaxe que temos nós de Ourense", dixo González Formoso.