Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rotogal Boiro roza a sorpresa nos cuartos da Copa do Rei de voleibol

O Rotogal Boiro roza a sorpresa nos cuartos da Copa do Rei de voleibol

Gañou os dous primeiros sets diante do Unicaja, líder da Superliga, pero os almerienses remontaron e levaron o partido por 3-2

G24.gal 25/02/2022 22:53

O Rotogal Boiro estivo a piques de dar a gran sorpresa nos cuartos de final da Copa do Rei de voleibol pero quedou ás portas de derrotar ao gran favorito, o Unicaja Almería, logo de gañar os dous primeiros sets. 

O primeiro parcial comezou co Unicaja Almería por diante pero o Rotogal Boiro conseguiu igualar e darlle a volta nos últimos puntos para acadar o seu primeiro set nunha Copa (23-25). 

No segundo, o equipo galego mantivo a mesma liña de xogo e volveu a aguantar ata o treito final no que o Boiro estivo máis atinado que o líder da Superliga e volveu a repetir resultado (23-25).

O gran favorito para a Copa estaba contra as cordas pero nos dous seguintes sets conseguiu igualar o partido con dous parciais máis sólidos (25-18 e 25-20). 

No derradeiro a igualdade foi máxima pero o Almería soubo xestionar mellor os momentos quentes e levou o partido por 15-13 na morte súpeta. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos