Cargando resultados...
O Río Breogán quere facerse forte no Pazo e seguir dando pasos cara á permanencia
O domingo xogará o Leyma Coruña na pista do Manresa adestrado polo ourensán Diego Ocampo
G24.gal
07/03/2025 20:57
O Breogán volve ao Pazo este sábado logo da contundente derrota apañada no Palau. E o rival será o Andorra, un dos equipos máis en forma da liga ACB. Os dous conxuntos atópanse empatados con oito vitorias na zona baixa da clasificación pero con dúas de marxe sobre o descenso.
Tampouco ten un rival doado o Leyma Coruña tras a súa vitoria ante o Lleida. O Baxi Manresa é unha das agradables sorpresas da competición. O partido suporá a estrea da última incorporación herculina, o letón Karlis Silins. O Leyma está a unha soa vitoria da permanencia.