Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Río Breogán gústase fronte ao San Pablo Burgos

O Río Breogán gústase fronte ao San Pablo Burgos

Os lucenses gañaron por 27 puntos e dominaron o partido en todo momento

O Breo chega ao parón con catro vitorias e catro derrotas

G24.gal 22/11/2025 23:24

O Río Breogán volveu realizar un excelente partido no Pazo dos Deportes. Derrotou a un rival directo na loita pola permanencia, o San Pablo Burgos, por 27 puntos de diferenza (105-78) e demostrou que agora mesmo o seu nivel está por riba dos equipos que loitan pola continuidade na ACB.

Logo dun inicio igualado, o Breogán despegouse contra o final do primeiro cuarto e xa no descanso tiña o partido totalmente encamiñado con 19 puntos de vantaxe. O reinicio, lonxe de supoñer unha reacción do equipo burgalés, levpou as diferenzas incluso por riba dos 30 puntos.

Os de Luis Casimiro non precisaron da actuación sobranceira de ningún xogador. Cook e Rusell foron os máximos anotadors con 15 puntos pero os Dibba, Mavra, Kurucs, Alonso ou Apic tamén estiveron a un gran nivel.

O Breogán afrontará agora o parón dunha semana por mor dos compromisos das seleccións. Chega a este intervalo cun esperanzador balance de 4 vitorias e outras tantas derrotas.  Nos últimos 4 partidos chegaron 3 triunfos, todos eles convincentes, amosando un alto nivel de xogo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade