Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Río Breogán asalta a pista do UCAM Murcia (70-84)

O Río Breogán asalta a pista do UCAM Murcia (70-84)

Gran actuación de Happ (33 de valoración) e de Sergi García, con tres triplas no último cuarto

G24.gal 29/09/2022 22:47

O Río Breogán comezou a temporada cunha vitoria de moito mérito na pista do UCAM Murcia (70-84). No partido non foi nunca por debaixo no marcador e resolveuno no último cuarto con tres triplas de Sergi García e unha actuación impecable de Happ (33 de valoración). 

O inicio de Breogán resultou perfecto. Un parcial de 2-11 serviulle para manexar o partido desde o primeiro cuarto. Bamforth e Happ (13 puntos entre os dous) empezaron imparables e o Breo acabou o primeiro cuarto por diante (17-22). No segundo, cada achegamento do UCAM recibía a resposta do equipo galego, que se mantiña por diante pero sen superar a barreira dos dez puntos. Ao descanso, a diferenza aguantábase nos cinco puntos (34-39). 

O partido era durísimo. O Breogán seguía en vantaxe no terceiro cuarto grazas á súa defensa e a boas aparicións en ataque de Hollatz e Nakic (51-57). O UCAM meteu a cabeza de cheo no encontro (60-61) con seis minutos por diante. A resposta do Breogán foi un parcial de 2-10 con dúas triplas de Sergi García para coller de novo folgos. O último cuarto foi o de Sergi, que cunha terceira tripla de nove metros a dous minutos do final puxo unha diferenza definitiva (65-76). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos