Publicador de contidos

Publicador de contidos

O rexime iraniano detén o guionsta Mehdi Mahmoudian, candidato aos Óscar

O rexime iraniano detén o guionsta Mehdi Mahmoudian, candidato aos Óscar

O cineasta foi detido canda outras dúas persoas por asinar unha carta contra o líder supremo, Alí Jamenei, a quen responsabilizan da represión exercida sobre a poboación iraniana durante as recentes protestas

Fotograma da película 'Un simple accidente' Fotograma da película 'Un simple accidente'
G24.gal 02/02/2026 11:49

O guionista iraniano Mehdi Mahmoudian, candiato aos Óscar pola película Un simple accidente, foi detido en Teherán por asinar unha declaración condenando as accións do líder supremo de Irán, Alí Jamenei, segundo sinala Hollywood Reporter con fontes da distribuidora da película nos Estados Unidos.

Neon, distribuidora estadounidense do filme, informou de que o iraniano foi detido xunto con outras dúas persoas, Vida Rabbani e Abdullah Momeni, que tamén asinaron a carta.

Entre os asinantes da misiva tamén se atopan o cineasta Jafar Panahi, director da película, que se atopa nos Estados Unidos de promoción; o cineasta Mohammad Rasoulof, exiliado en Alemaña, e a Premio Nobel da Paz Narges Mohammadi e Nasrin Sotoudeh, gañadora do Premio Sakharov.

As autoridades iranianas aínda non confirmaron o arresto nin proporcionaron detalles sobre os cargos contra os detidos, sinala Hollywood Reporter.

No documento os asinantes critican a Jamenei por "autorizar o asasinato masivo e sistemático de cidadáns" durante a represión das protestas gobernamentais que se sucederon ao longo das últimas semanas.

"O asasinato masivo e sistemático de cidadáns que valentemente saíron ás rúas para poñer fin a un réxime ilexítimo constitúe un crime organizado de Estado contra a humanidade", di o comunicado que sinala o uso de munición contra civís, asasinatos, arrestos, persecucións, asasinato de manifestantes feridos e a obstrución de atención médica, entre outros.

A responsabilidade destas "atrocidades" recae en Alí Jamenei, asegura a misiva, que alude ao "aparello autoritario" do réxime para cometer "asasinatos masivos" soamente "para asegurar a súa supervivencia".

O goberno iraniano recoñeceu máis de 3.000 mortos, pero as organizacións de dereitos humanos apuntan a que ascenden a decenas de miles.

Un simple accidente narra a historia dun expreso político que considera vingarse violentamente do seu torturador en prisión, foi coescrita por Panahi, Mahmoudian, Nader Saeiver e Shadhmer Rastin.

É a primeira película de Panahi desde que saíu de prisión en Irán, conseguiu a Palma de Ouro en Cannes e candidata a dous Óscar nas categorías de guión orixinal e película internacional.

Panahi e Mahmoudian coñecéronse na prisión, segundo declarou o primeiro nun comunicado tras coñecer o arresto.

O propio Panahi foi condenado a un ano de prisión no seu país o pasado decembro por razóns similares a Mehdi Mahmoudian e asegurou que, unha vez acabe a promoción do filme volverá ao seu país.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade