Cargando resultados...
O retrato da violencia vicaria en 'Onde máis doe'
Un documental que participa no Festival de Málaga
Dirixido por Manane Rodríguez e con participación da Televisión de Galicia
G24.gal
24/03/2022 07:59
Nunha sesión especial na sección de documentais estréase no Festival de Málaga o último filme de Manane Rodríguez, Onde máis doe. Un achegamento a unha das pólas da violencia machista, a violencia vicaria. Faino a partir dun suceso real no que un pai asasinou o seu fillo aproveitando a custodia nun día da nai de 2017.