O restaurante Auga e Sal pecha cinco meses despois de lograr a estrela Michelin
O propietario comunicoulles aos traballadores hai uns días "o cesamento de actividade polo inicio dun ERE e o peche do mesmo".
Con este peche, Galicia perde unha estrela Michelin

O restaurante Auga e Sal abriuno en 2016 Alberto Ruiz-Gallardón Utrera en Santiago de Composela. Co seu peche desaparece a única Estrela Michelin que sumou Galicia o ano pasado. Foi hai cinco meses da man do chef Áxel Smyth.
O restaurante de Alberto Ruiz-Gallardón Utrera, fillo do exministro de Xustiza, indicaba cun cartel na porta que permanecería de vacacións ata mediados deste mes. O propietario do restaurante Auga e Sal comunicoulles aos seus traballadores hai uns días “o cesamento de actividade polo inicio dun ERE e o peche do mesmo".
O propietario de Auga e Sal publicaba esta mañá na súa conta de Twitter que decidiu pechar despois de levar "moito tempo encadeando perdas e reveses".
1/2 Queridos todos.
— Alberto RGU - Auga e Sal (@ARG_augaesal) May 6, 2022
Después de darle muchas vueltas he decidido cerrar Auga e Sal. Llevamos mucho tiempo encadenando pérdidas y reveses y a pesar de la buena aceptación de nuestra propuesta no he sido capaz de traducir eso en sostenibilidad económica.
Engade, nun fío, o propietario que pechando "podemos facer unha saída ordenada". Remata dando das "grazas a todos polo voso apoio ao longo destes seis difíciles pero bonitos anos".
2/2 Cerrando ahora podemos hacer una salida ordenada que, de intentar aguantar unos meses más, no creo que fuera posible.
— Alberto RGU - Auga e Sal (@ARG_augaesal) May 6, 2022
Muchas gracias todos por vuestro apoyo a lo largo de estos seis difíciles pero bonitos años.
Alberto.
O chef do restaurante, Áxel Smyth, anunciou onte a decisión do propietario, a través das súas redes sociais, e confesou a súa tristeza por un peche que se produce poucos meses despois de ser recoñecido polas principais guías cunha estrela Michelin e un Sol Repsol.
"Entristéceme enormemente ver como un proxecto ao que lle dei todo o meu esforzo e agarimo pecha as súas portas; quero agradecer ao meu equipo, xuntos conseguímolo todo en tan pouco tempo, fixéstelo posible desde o primeiro día ata o último".
Salienta o cociñeiro que tanto el como o seu equipo "se desligan de todas as xestións e decisións tomadas pola propiedade en diante" respecto ao restaurante, situado no número 8 da rúa da Fonte de Santo Antonio.
O cociñeiro, de 31 anos, pon en valor tamén o traballo do seu equipo e agradece os logros que conseguiron “en tan pouco tempo”.
Pese ao peche, Smyth augurou “novos proxectos” e non descarta continuar a súa carreira en Galicia.