Publicador de contidos

Publicador de contidos

O reitor de Vigo pide un acordo para investir o 1 % do PIB nas universidades públicas

O reitor de Vigo pide un acordo para investir o 1 % do PIB nas universidades públicas

Manuel Reigosa cre que incrementar o presuposto e equiparalo á media europea é a única vía de que as universidades españolas manteñan o seu prestixio

G24.gal 11/09/2023 09:24

O reitor de Vigo demanda un compromiso do Goberno central e das CC. AA. para pactar un incremento progresivo dos orzamentos das universidades ata acadar o 1 por cento do PIB en 2030. Nunha entrevista na RG, Manuel Reigosa cre que incrementar o presuposto e equiparalo á media europea é a única vía de que as universidades españolas manteñan o seu prestixio.

No día en que comeza o curso, Reigosa falou de dous retos que afronta a Universidade de Vigo. Por unha banda, o elevado número de xubilacións de docentes, que están cubrindo en parte con contratos de axudante doutor: "Imos precisar máis masa salarial, porque son persoas que van dar menos clases que un profesor titular, polo que imos precisar ter un pouco de marxe para estas contratacións".

Sobre asunto dos presupostos, o reitor vigués aposta por un pacto entre o Goberno central e as CC. AA. para chegar a destinar o 1 % do PIB ás universidades públicas en 2030, para que manteñan o nivel de excelencia e non perdan posicionamento internacional.

Outro dos retos que mencionou Reigosa é a perspectiva dun descenso de matrículas nas universidades galegas nos próximos anos, por mor do descenso da natalidade. Para compensalo, aposta o reitor por atraer alumnos iberoamericanos con programas similares aos que existen de mestrado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade