Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Reino Unido sofre a peor folga da última década

O Reino Unido sofre a peor folga da última década

Pararon máis de medio millón de traballadores

O transporte e a educación, os sectores máis afectados 

G24.gal 01/02/2023 20:25 Última actualización 01/02/2023 21:04

No Reino Unido medio millón de traballadores mobilizáronse hoxe na maior folga da última década que está paralizando o país e que lle está a afectar a varios sectores, entre eles o transporte e os colexios.

A pesar de que o Reino Unido leva sufrindo constantes xornadas de paros nos últimos meses, a de hoxe é a máis importante polo número de traballadores e sindicatos que a secundan e a variedade de sectores que a apoian. O máis afectado está a ser o da educación con arredor de 23.000 escolas afectadas pola folga dos mestres de primaria e secundaria.

Ademais os paros dos condutores de trens e autobuses está a causar moitos problemas nas comunicacións e que provocou o peche de estacións principias como esta de Vitoria no centro de Londres.

Os profesores universitarios, os axentes de aduanas dos aeroportos e os funcionarios públicos de ata 124 departamentos tamén pararon hoxe.

A disputa céntrase na subida salarial, as condicións laborais e na revisión dos sistemas de pensións, pero o Goberno insiste en que non pode facer fronte a todas as subidas solicitadas porque iso dispararía aínda máis a inflación, que xa é do 10 %.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade