Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Parlamento británico aproba as últimas restricións malia a rebelión no partido de Johnson

O Parlamento británico aproba as últimas restricións malia a rebelión no partido de Johnson

As novas medidas aprobáronse grazas ao apoio da oposición tras unha especie de rebelión interna

O Reino Unido rexistra case 60.000 contaxios diarios de coronavirus

G24.gal 14/12/2021 20:46

Italia impón a partir de mañá unha corentena de 5 días para os viaxeiros da Unión Europea que non estean vacinados, e a obriga de presentar un test negativo para os inmunizados. Mentres, o Reino Unido levanta a prohibición de viaxar desde 11 países, dado que no país xa hai transmisión comunitaria de ómicron. E ao mesmo tempo aproban novas restricións. Desde mañá o certificado Covid será obrigatorio para acceder a grandes eventos.

O Parlamento inglés aprobou o chamado plan B para Inglaterra, un conxunto de medidas que inclúen a obrigatoriedade de levar a máscara na maioría dos lugares pechados e a de presentar a partir de mañá o pase covid para entrar en grandes eventos como os partidos de fútbol, as festas ou os concertos.

Estas novas restricións aprobáronse grazas aos votos da oposición, do partido laborista, xa que Boris Johnson tivo que afrontar unha especie de rebelión no seu propio partido, no que algúns deputados ‘tories’ votaron en contra das medidas por consideralas un ataque ás liberdades dos cidadáns.  

Todo isto, nun día en que o Reino Unido alcanzou os case 60.000 casos diarios de coronavirus, a quinta cifra máis alta desde que comezou a pandemia, deses, calculan os expertos que arredor do 20 % son contaxios coa nova variante ómicron. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar