Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Reino Unido afirma que derrubou dous mísiles iranianos que ameazaban as súas bases en Chipre

O Reino Unido afirma que derrubou dous mísiles iranianos que ameazaban as súas bases en Chipre

O secretario de defensa británico, confirmou que ous mísiles impactaron preto da instalación británica

Irán defende que non ataca os países veciños, senón as bases dos EUA neles

Ammar Awad. Reuters
G24.gal 01/03/2026 13:56 Última actualización 01/03/2026 14:28

O secretario de defensa británico, John Healey, confirmou que os mísiles impactaron preto da instalación británica. Di que non teñen a certeza de que estiveran dirixidos a Chipre, pero cre que amosan a ameaza dun réxime que está atacando violentamente a rexión.

Declaracións de John Healey, secretario de Estado de Defensa ,na BBC este domingo.

Irán defende que non ataca aos países veciños, senón ás bases dos EUA neles

O Exército iraniano non ten intención de agredir os países veciños e só ataca as bases que ten Estados Unidos neses países, defendeu este domingo o secretario de Consello Supremo de Seguridade Nacional de Irán, Ali Lariyaní.

"Aos países da rexión: non temos intención de agredilos, pero cando se utilizan bases nos seus países contra nós e os Estados Unidos opera na rexión con esas mesmas forzas, nós atacarémolas", dixo Lariyaní nunha mensaxe na rede social X.

"Esas bases non son territorio deses países, son territorio dos Estados Unidos", aclarou o responsable do Consello de Seguridade Nacional do país persa.

Tras o ataque coordinado dos Estados Unidos e Israel contra Irán, que se iniciou o sábado, Teherán lanzou unha operación militar contra Israel e algúns dos seus países veciños en Oriente Medio.

O réxime dos aiatolás lanzou mísiles e drons contra países como Xordania, Iraq, Arabia Saudita, Catar, Omar ou os Emiratos Árabes Unidos que, segundo os iranianos, ían dirixidos a instalacións militares estadounidenses na zona.

Estes ataques, con todo, danaron instalacións civís como é o caso do aeroporto e o porto de Dubai, en Emiratos, ou o porto de Omán, onde polo menos un traballador estranxeiro resultou ferido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade