Publicador de contidos

Publicador de contidos

O papa responde "sen medo" a Trump: "Seguirei levantando a voz para construír a paz"

O papa responde "sen medo" a Trump: "Seguirei levantando a voz para construír a paz"

"A mensaxe do Evanxeo é moi clara: 'Benaventurados os que constrúen a paz'", díxolle León XIV aos xornalistas que viaxan con el no avión rumbo a Alxeria

O presidente estadounidense arremeteu contra o pontífice polas súas críticas sobre Irán e Venezuela: "O papa León é débil co crime e terrible en política exterior", escribiu en redes Trump

O papa León XIV sae do avión papal á súa chegada ao Aeroporto Internacional Houari Boumediene de Alxeria (REUTERS/Guglielmo Mangiapane) O papa León XIV sae do avión papal á súa chegada ao Aeroporto Internacional Houari Boumediene de Alxeria (REUTERS/Guglielmo Mangiapane)
G24.gal 13/04/2026 13:06

O papa León XIV respondeu este luns ás críticas do presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, ao que lembrou que "o Evanxeo é claro" e que "a Igrexa ten a obrigación moral de ir contra a guerra", segundo dixo durante o voo cara a Alxeria para a súa terceira viaxe internacional.

"As cousas que eu digo non teñen por que ser entendidas como un ataque a ninguén. A mensaxe do Evanxeo é moi clara: 'Benaventurados os que constrúen a paz'", dixo o pontífice estadounidense en declaracións aos xornalistas que viaxan canda el no avión.

"Non somos políticos, non nos ocupamos de política internacional coa mesma perspectiva que el (Trump) poida ter. Eu creo na mensaxe do evanxeo que é o do construír a paz", engadiu.

León XIV asegurou ademais que non ten "medo" da administración Trump, e agregou que el só está a invitar "a todos para buscar o xeito de construír pontes de paz e reconciliación, de buscar modos de evitar guerra sempre que se poida".

"Creo que o presidente non está a entender o que é a mensaxe do Evanxeo", aseverou o pontífice, quen sente "moito" as palabras que lle dirixiu Trump, pero el, segundo afirmou, seguirá coa súa misión.

"Creo que é moi importante volver a ese carreiro, sexa a través das Nacións Unidas, ou doutros xeitos e traballar pola paz", engadiu León XIV.

O presidente estadounidense, Donald Trump, arremeteu o domingo contra o papa León XIV e dixo que é "terrible en política exterior" aludindo ás súas críticas sobre Irán e Venezuela, e instoulle a "deixar de compracer á esquerda radical".

"O papa León é DÉBIL co crime e terrible en política exterior", escribiu o mandatario na súa rede Truth Social, nunha longa mensaxe no que lle insta a "concentrarse en ser un gran papa, non un político", porque "está a prexudicar a Igrexa católica".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade