Volkswagen inicia en Sagunto a construción da súa xigafactoría para producir baterías
Está previsto que en 2026 poderá fabricar baterías para medio millón de vehículos
O presidente do Goberno di que a fábrica leva o país a un novo modelo produtivo e destaca a confianza dos investidores estranxeiros en España
O rei presidiu en Sagunto o inicio da construción da xigafactoría de Volkswagen. Filipe VI, acompañado polo presidente do Goberno, colocou simbolicamente a primeira batería da futura fábrica, clave para o vehículo eléctrico. Estará operativa nesta localidade valenciana en 2025, fabricará 150 milóns de celas ao ano e xerará 3.000 empregos directos e uns 12.000 indirectos.
Pedro Sánchez dixo que a xigafactoría dirixe o país cara a un novo modelo produtivo, e asegurou que tamén evidencia que España inspira confianza para investir.
"Algúns datos amosan a confianza de que imos na dirección correcta. En 2022 España recibiu investimentos en 860 novos proxectos por valor de 44.563 millóns de euros. Converten a España no sexto receptor, non de Europa, senón do mundo", remarcou o xefe do executivo.