Publicador de contidos

Publicador de contidos

O rei rende homenaxe aos gardas civís falecidos en Barbate

O rei rende homenaxe aos gardas civís falecidos en Barbate

Filipe VI destaca o labor das forzas e corpos de seguridade do Estado na protección da convivencia democrática en paz e liberdade

G24.gal 14/02/2024 14:32

O rei Filipe VI ofreceu este mercores "toda a solidaridade a familia, compañeiros e mandos e desexar que os compañeiros feridos se recuperen pronto".

Amosaba así o seu apoio aos achegados dos dous gardas civís falecidos en acto de servizo en Barbate. Filipe VI destacou o papel das forzas e corpos de seguridade do Estado na protección da convivencia democrática en paz e liberdade.

Fíxoo durante a entrega de despachos a 160 novos xuíces, aos que lles lembrou que tamén eles contribuirán á preservación do Estado de Dereito dende a independencia xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar