Publicador de contidos

Publicador de contidos

O regreso de Neyder Lozano logo de máis de tres anos lesionado

O regreso de Neyder Lozano logo de máis de tres anos lesionado

G24.gal 20/08/2022 14:28

O sol saiu de novo para Neyder Lozano. Despois de tres anos, tres meses e vinte días ausente por unha lesión, o central colombiano reapareceu o pasado luns ante o Albacete.

Atrás quedaba unha fisura de tibia con múltiples complicacións que lle provocou tres intervencións cirúrxicas.

Neyder Lozano, C. D. Lugo: "Primeiro iniciamos cun tratamento conservador que se supoñía que eran tres meses. No meu caso non foi así. Operamos os catro meses, seguimos vendo que non ía ben, que non evolucionaba segundo o que buscabamos coa cirurxía, volvinme operar, puxéronme un cravo intramedular. Estivemos dándolle o proceso de seis, sete meses a ver se ía ben, non remataba de ir ben entón buscamos un cirurxián especialista niso e, grazas a Deus, atopóuselle a solución ao problema".

A súa recuperación acabou por converterse nun acto de fe.

Neyder Lozano, C. D. Lugo: "Son moi crente, entón refuxieime niso, en crer que se Deus me puxo esa proba, do difícil que fora para min chegar a Primeira, poñería solución a ese problema".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade