Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Real Madrid volve ao seu torneo fetiche

O Real Madrid volve ao seu torneo fetiche

G24.gal 05/09/2022 21:53

Este martes arranca a fase de grupos da Liga de Campións. O Real Madrid estrease ante o Celtic de Glasgow, a cidade a onde chegou este mediodía.

É o primeiro partido para os brancos na competición cuxo título defenderán.  Ancelotti deixou fóra da convocatoria a Odriozola e Vallejo e conta como novidades con Iker Bravo e Vinicius Tobias. O técnico italiano considera o Celtic un equipo que xoga con intensidade e que está en boa dinámica. Os brancos non queren sorpresas.

O martes tamén será a quenda da estrea do Sevilla ante o Manchester City. Os de Lopetegui preparan o encontro con ilusión e sen pensar no mal inicio ligueiro.

Nos andaluces son dúbida para o encontro Fernando, Lamela e Karim Rekik. O técnico vasco loou o seu rival pero é optimista para reverter a situación que atravesa o equipo. Pola súa banda, Pep Guardiola non se fía do mal momento dos andaluces e loou a historia do club en Europa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade